Personaliza ao máximo a túa viaxe en tren. O billete Elige permíteche configurar cada aspecto da túa viaxe para adaptala ao máximo ao que necesitas en cada momento, incluído o tipo de asento no que queres viaxar, Estándar ou Confort:

  • Se escolles Elige Estándar, viaxarás no tipo de asento Estándar
  • Se escolles Elige Confort, viaxarás no tipo de asento XL Confort

Ademais, co billete Elige gañas en flexibilidade, porque inclúe cambios ilimitados e gratuítos (pagando só a diferenza de prezo) e reembolso do 70 % do prezo do billete en caso de anulación. Tamén poderás obter Puntos Renfe polas túas compras e utilizalos en posteriores viaxes ou con os nosos partners. Lembra que mercando o teu billete con antelación sempre optarás ao mellor prezo.

  • Viaxe en asento Estándar, con butacas reclinables, luz de lectura e enchufe, ou asento XL Confort, para gozar de máis espazo e comodidade durante a túa viaxe.
  • Cambios ilimitados e gratuítos (só aboarás a diferenza de prezo co novo billete, se a houber).
  • En caso de anulación do billete, devolvémosche o 70 % do importe.
  • Permite cambiar o titular do billete por só 20 €
  • Perda do tren: Se che xorde un imprevisto e non chegas a tempo ao teu tren, poderás cambiar o teu billete para viaxar no seguinte aboando un 30 % do novo billete, sempre que o solicites tras a saída do tren e dentro dos 30 minutos posteriores.
Consulta todas as condicións do billete Elige
  • O extra de flexibilidade AVE Flex só se pode adquirir no momento da compra do billete e non está dispoñible para os billetes básicos. Escolle billete Elige ou Prémium para poder gozar de maior flexibilidade.
  • Todos os nosos billetes poden anularse de balde nas 2 horas seguintes á compra.
  • Os billetes para viaxar en trens AVE e Larga Distancia son nominativos, así podemos contactar contigo en caso de necesidade. Cando viaxes, non esquezas levar contigo un documento de identidade vixente con fotografía (DNI, permiso de conducir, tarxeta de residencia ou pasaporte). Poden realizarse controis de identidade durante o proceso de facturación ou a bordo dos trens.
  • No caso do AVE Internacional entre España e Francia, a opción de billete Prémium e o extra AVE Flex non están dispoñibles, pero poderás gozar das demais opcións de billetes (Billete Básico, Elige Estándar e Elige Confort) e da posibilidade de obter un reembolso de ata o 100 % en caso de anulación por só 5 €.

Se viaxas en trens AVE ou Larga Distancia, o teu billete inclúe o Combinado Cercanías, co que poderás viaxar en Cercanías, Rodalies e no TRAM de Alacant. Podes utilizar o Combinado Cercanías desde 4 horas antes da saída do tren e ata 4 horas despois da chegada ao teu destino.

Adquire o Combinado Cercanías en máquinas autovenda e despachos de billetes, escaneando o código de barras ou introducindo o código numérico que figura no teu billete. Ademais, nas estacións de Cercanías dos núcleos de Madrid, Málaga, València e Murcia/Alacant, poderás acceder directamente á rede de Cercanías presentando nos torniquetes de acceso con lector de códigos, as barras bidimensionais (BIDI) do teu billete AVE ou Larga Distancia e así evitar o trámite en máquinas autovenda ou despachos de billetes.