Máis de 7.000 publicacións para a túa viaxe en tren

Renfe tráeche unha ampla selección de prensa e revistas dixitais para que goces delas a bordo dos trens AVE, AVE Internacional entre España e Francia, e Larga Distancia. 

Viaxar en tren é un dos mellores momentos para poñerte ao día, por iso poñemos ao teu dispor un gran catálogo de xornais e revistas de todas as temáticas. Que che apetece ler hoxe? Economía, deporte, moda, corazón, tendencias e un longo etcétera. Escolle e goza, é gratis!

Para facilitar a busca da información que che interesa, poderás filtrar os contidos por país, idioma ou tipo de publicación. Ademais, este novo servizo inclúe un modo audio que le os contidos, polo que é accesible para persoas con discapacidade visual.

Como accedo ao contido?

Acceder ao contido é fácil e rápido:
 

 
  • Descarga a app PressReader (plataforma que facilita o acceso e a lectura dos medios dixitais).
  • Accede ao catálogo mediante a ligazón que mandaremos ao teu correo electrónico o día anterior á túa viaxe e empeza a aventura. Tamén poderás acceder conectándote á rede wifi do tren (PlayRenfe) e abrindo a aplicación PressReader.


E non esquezas que con PlayRenfe, ademais de wifi gratis, tes acceso a eventos en directo de importantes encontros deportivos, estreas de cine, series, música e libros. Conéctate xa!

Consulta as condicións de uso e acceso á prensa dixital