Sempre no mesmo traxecto, entre dúas estacións que debes escoller no momento da compra do abono
Válido para viaxar nos trens AVE. Tamén podes usalo nos traxectos de Alta Velocidad (como Madrid – León) onde circulan tanto trens AVE coma outros trens de Larga Distancia.
É nominativo e intransferible
Dúas modalidades:
Bono Ave Estándar: permíteche viaxar nun asento Estándar. Tamén podes facelo no asento Confort pagando a diferenza.
Bono Ave Confort: permíteche viaxar en todo tipo de asentos.
Validez: tes ata 4 meses para reservar a primeira viaxe e outros 4 dende o primeiro uso
Por que mercar un Bono Ave
Co teu bono Ave aforras cartos, porque pagas sempre o mesmo, tanto ten se viaxas en hora punta coma nun día de moita demanda
É a única opción de viaxe que che permite anularsen custo