Goza dunhas vacacións perfectas en Galicia co abono Galicia Rail Pass.

Por só 22 € (5 € para menores de 14 anos), poderás viaxar en tren de xeito ilimitado por toda Galicia durante tres días consecutivos. Fai todas as viaxes que queiras nos trens Larga Distancia, Avant, Media Distancia e Largo Métrico e descubre toda a súa riqueza movéndote da forma máis sostible.

Esquece o coche. Percorre Galicia en tren e goza da súa xente, da súa gastronomía e das súas paisaxes co Galicia Rail Pass. É a opción ideal para organizar unha escapada ao teu ritmo.

Quen pode obter o Galicia Rail Pass?

Este abono é exclusivo para:

  • todas as persoas que cheguen a Santiago e obteñan a ­«Compostela» ou
  • todas as persoas que cheguen a Galicia en tren de Larga Distancia cun billete de máis de 20 € ou
  • todas as persoas que teñan un billete para calquera dos Trens Turísticos de Galicia

Calquera destes documentos (billetes ou Compostela) deberase obter como máximo nos 30 días anteriores á solicitude do bono.

Que che ofrece o abono Galicia Rail Pass?

  • Viaxes en tren ilimitadas durante tres días consecutivos por todo o territorio galego.
  • Podes viaxar co teu Galicia Rail Pass en todos os trens de Larga Distancia, rexionais (trens de Media Distancia e Avant) e largo métrico dentro do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre en asento Estándar ou Turista.
  • Trátase dun bono unipersoal, nominativo e intransferible.
  • O prezo do Galicia Rail Pass é de 22 € para os adultos e de 5 € para os menores de 14 anos.
  • Podes mercar o teu abono nos despachos de billetes das estacións (agás nas de largo métrico).
  • O Galicia Rail Pass ten unha validez de 7 días desde o momento da compra e poderás utilizalo durante tres días consecutivos desde o momento da primeira formalización.
  • Podes utilizar o bono durante as fins de semana (de venres a domingo), pontes e festivos. Na época estival, do 1 de xuño ao 30 de setembro (ambos incluídos) será válido para todos os días da semana.
  • O abono non admite cambios. Pódese anular sen custo, sempre que aínda non se utilizase, nos despachos de billetes das estacións (agás as de largo métrico).

 

Para poder viaxar debes formalizar previamente a túa viaxe, é dicir, mercar o billete para o traxecto correspondente. Pódelo facer nos despachos de billetes das estacións.

A formalización dos trens de largo métrico só se pode facer nos despachos de billetes das estacións de largo métrico. Se non fose posible obter a formalización deste xeito, solicítalla ao persoal encargado a bordo do tren.