COÑECE AVLO


Viaxar ao mellor prezo e con todas as comodidades?
É posible! Sube a Avlo, o noso tren con máis de 350 prazas con asentos reclinables, enchufes en todos os asentos, luz de lectura… todo isto a 300 km/h.

Xa podes viaxar a Barcelona, Valencia, Camp de Tarragona, Cuenca, Figueres, Xirona, Requena-Utiel, Guadalaxara, Lleida, Madrid e Zaragoza desde 7 € en alta velocidade. Ademais, podes conectarte á nosa rede wifi, dispoñible en todos os trens Avlo e gozar de contidos exclusivos con PlayRenfe.

O tren está equipado con espazos para maletas e aseos para persoas con mobilidade reducida.

 


Por que elixir Avlo?

  • Recomendámosche que chegues á túa estación 30’ ou máis antes da saída do teu tren, os controis de acceso péchanse 2 minutos antes da hora de saída.

  • Como o billete de tren é nominativo, non esquezas traer un documento acreditativo de identidade vixente con fotografía (DNI, permiso de conducir, tarxeta de residencia ou pasaporte).

  • Lembra que para mercar os billetes Avlo debes rexistrarte como usuario.

 



Medidas COVID-19


Os trens Avlo contan coas certificacións máis esixentes en materia de saneamento, desinfección e limpeza. Dispoñen de protocolos certificados por AENOR e SGS, empresa líder mundial en inspección, verificación, ensaios e certificación, para que viaxes con todas as garantías.



Accesibilidade e servizos de asistencia


Os trens Avlo están totalmente adaptados para persoas con mobilidade reducida (PMR), ademais contan con prazas H (para viaxar na túa propia cadeira de rodas) e o acceso aos coches atópase ao mesmo nivel que as plataformas.

Ademais, podes solicitar o Servizo de Asistencia a persoas con discapacidade ou mobilidade reducida, que conta cunha valoración excelente e máis de 10 anos de experiencia. Solicítao no momento da compra ou descarga a aplicación Servizo de Asistencia na túa store.