Goza dunhas vacacións perfectas en Galicia co abono Galicia Rail Pass.
Por só 22 € (5 € para menores de 14 anos), poderás viaxar en tren de xeito ilimitado por toda Galicia durante tres días consecutivos. Fai todas as viaxes que queiras nos trens Larga Distancia, Avant, Media Distancia e Largo Métrico e descubre toda a súa riqueza movéndote da forma máis sostible.
Esquece o coche. Percorre Galicia en tren e goza da súa xente, da súa gastronomía e das súas paisaxes co Galicia Rail Pass. É a opción ideal para organizar unha escapada ao teu ritmo.
Válido para o período comprendido entre o 1 de marzo e o 31 de decembro de 2023.
Este abono é exclusivo para:
Calquera destes documentos (billetes ou Compostela) deberase obter como máximo nos 30 días anteriores á solicitude do bono.
Para poder viaxar debes formalizar previamente a túa viaxe, é dicir, mercar o billete para o traxecto correspondente. Pódelo facer nos despachos de billetes das estacións.
A formalización dos trens de largo métrico só se pode facer nos despachos de billetes das estacións de largo métrico. Se non fose posible obter a formalización deste xeito, solicítalla ao persoal encargado a bordo do tren.