Se estás pensando en gozar dunhas merecidas vacacións en España, o abono Spain Rail Pass pódeche interesar.
Permíteche escoller o número de viaxes en tren que queres facer, o tipo de asento no que queres viaxar e os lugares que che apetece visitar, porque non ten orixe nin destino predeterminados.
Descubre cidades do Patrimonio da Humanidade, como Toledo, Cuenca, Segovia ou Ávila. O legado árabe de Granada e Córdoba deixarate pampo. Madrid e os seus innumerables museos ou Málaga, a capital da Costa do Sol, tamén son visitas imprescindibles.
Para poder viaxar debes formalizar previamente a túa viaxe, é dicir, mercar o billete para o traxecto correspondente. Podes facelo na páxina web accedendo a Os meus Abonos, na túa área persoal, e indicando que día e en que tren queres viaxar. Ou podes mercalo en despachos de billetes, axencias de viaxes ou por teléfono, presentando o teu Spain Rail Pass.
Viaxa sempre co teu pasaporte ou tarxeta de residencia, que te acredita como residente fóra de España. Terás que presentalo xunto co Spain Rail Pass e o teu billete nos controis de acceso.