Personaliza ao máximo a túa viaxe en tren. O billete Elige permíteche configurar cada aspecto da túa viaxe para adaptala ao máximo ao que necesitas en cada momento, incluído o tipo de asento no que queres viaxar, Estándar ou Confort:
Ademais, co billete Elige gañas en flexibilidade, porque inclúe o primeiro cambio gratuíto (resto, 10 €) e devolución do 70 % do importe do billete en caso de anulación. Tamén poderás obter Puntos Renfe polas túas compras e utilizalos en posteriores viaxes ou con os nosos partners. Lembra que mercando o teu billete con antelación sempre optarás ao mellor prezo.
Se viaxas en trens AVE ou Larga Distancia, o teu billete inclúe o Combinado Cercanías, co que poderás viaxar en Cercanías, Rodalies e no TRAM de Alacant. Podes utilizar o Combinado Cercanías desde 4 horas antes da saída do tren e ata 4 horas despois da chegada ao teu destino.
Adquire o Combinado Cercanías en máquinas autovenda e despachos de billetes, escaneando o código de barras ou introducindo o código numérico que figura no teu billete. Ademais, nas estacións de Cercanías dos núcleos de Madrid, Málaga, València e Murcia/Alacant, poderás acceder directamente á rede de Cercanías presentando nos torniquetes de acceso con lector de códigos, as barras bidimensionais (BIDI) do teu billete AVE ou Larga Distancia e así evitar o trámite en máquinas autovenda ou despachos de billetes.