O billete Prémium ofréceche unha viaxe ao máis alto nivel, en asento XL Confort para gozar de máis espazo e comodidade, con todos os extras incluídos no prezo do teu billete: selección de asento, cambios e anulacións, restauración na praza e… moito máis!
Se esMás Renfe, co billete Prémium obterás a maior porcentaxe de Puntos Renfe, que poderás utilizar en posteriores viaxes ou cos nosos partners.
Lembra que mercando o teu billete con antelación sempre optarás ao mellor prezo.
Se viaxas en trens AVE ou de Larga Distancia, o teu billete inclúe o Combinado Cercanías, co que poderás viaxar en Cercanías, Rodalies e no TRAM de Alacant. Podes utilizar o Combinado Cercanías desde 4 horas antes da saída do tren e ata 4 horas despois da chegada ao teu destino.
Adquire o Combinado Cercanías en máquinas autovenda e despachos de billetes, escaneando o código de barras ou introducindo o código numérico que figura no teu billete. Ademais, nas estacións de Cercanías dos núcleos de Madrid, Málaga, València e Murcia/Alacant, poderás acceder directamente á rede de Cercanías presentando nos torniquetes de acceso con lector de códigos, as barras bidimensionais (BIDI) do teu billete AVE ou Larga Distancia e así evitar o trámite en máquinas autovenda ou despachos de billetes.