Train & Fly

Voa alto con Renfe e Iberia. Con Train & Fly ofrecémosche todo o que necesitas nun único billete para conectarte directamente co mundo.

Agora o noso billete combinado Train & Fly ofréceche conexión desde 20 destinos nacionais de Renfe (A Coruña, Albacete, Alicante, Córdoba, Gijón, Granada, León, Málaga, Murcia, Ourense, Oviedo, Palencia, Pamplona, Salamanca, Santiago de Compostela, Sevilla, València, Valladolid, Vigo e Zaragoza) coa rede internacional de voos de Iberia e os seus numerosos destinos en Europa, África, Oriente Medio ou América, vía Madrid.

Sexa cal sexa a túa idea, planifica a túa viaxe connosco, Train & Fly ofréceche moito máis do que imaxinas!

Interésame!
  • Ampliamos ata 20 o número de destinos Renfe desde os que podes conectar, vía Madrid, coa rede de voos internacionais de Iberia, o que multiplica as túas opcións de viaxe e horarios.
  • Unha vez que o tren chegue á estación de Madrid Atocha ou Madrid Chamartín - Clara Campoamor, tes conexión directa e gratuíta en trens de Cercanías co aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas (estación Aeroporto-T4), grazas ao Combinado Cercanías,  incluído no teu billete (tamén é válido para os teus desprazamentos en tren desde o aeroporto).
  • A reserva e xestión da túa viaxe é doada e cómoda, porque podes mercar o teu billete de tren + avión nunha única busca e nunha única compra.
  • Como se trata dun único billete que inclúe o traxecto completo, terás todas as vantaxes e garantías dun pasaxeiro en conexión en caso de cancelación e/ou atrasos.
  • Comprando o teu billete combinado de tren e voo pagarás menos que se mercas o billete de tren e o de avión por separado.


Comeza xa a preparar a túa viaxe con Train & Fly!

Un único billete para conectarte directamente ao mundo

PREGUNTAS FRECUENTES

Se tes un billete nacional ou internacional desde calquera compañía aérea con orixe ou destino nas illas Baleares, Canarias ou Melilla, ou un billete ou bono de cruceiro vacacional de calquera liña marítima que opere nos portos españois, podes obter descontos de entre 10 e un 25 % nos billetes de tren. É a chamada Tarifa intermodal. Ten en conta que o tempo máximo entre a chegada e a saída de ambos medios de transporte é de 48 horas.

Consulta as condicións particulares desta oferta.