Se tes entre 14 e 25 anos, non o penses máis e aproveita os descontos para viaxar en tren do programa Más Renfe Joven.

 

Más Renfe Joven

O programa Más Renfe Joven permíteche beneficiarte de importantes descontos ao comprar os teus billetes para viaxar en trens AVE, AVE Internacional entre España e Francia, Larga Distancia, Avant, Media Distancia e Cercanías/Rodalies. Ademais, gozarás de todas as vantaxes do programa de fidelización Más Renfe. Goza do programa Más Renfe Joven!
 


Ao facéreste membro recibirás o teu número de cliente e poderás adquirir os teus billetes de tren con desconto asegurado, que variará en función do tipo de tren no que queiras viaxar. Más Renfe Joven ten unha validez dun ano.

  • Descontos en AVE, AVE Internacional entre España e Francia, e Larga Distancia:

    • Desconto do 30 % sobre calquera prezo dispoñible.
  • Descontos en Avant, Media Distancia e Cercanías/Rodalies:

    • Desconto do 25 %.

Os billetes adquiridos con Más Renfe Joven admiten cambios e anulacións, sempre que o teu billete o permita, e pode estar suxeito a gastos.

O programa Más Renfe Joven é nominativo e intransferible e o seu prezo é de 50 €. 

Carné Xove

O Carné Xove, expedido pola túa Comunidade Autónoma, permíteche mercar billetes cun 20 % de desconto para viaxar en Avant, Media Distancia e Rexionais da rede de Feve. En trens Ave e Larga Distancia aplicarase un desconto do 5 % sobre calquera prezo dispoñible.

Tamén son válidos outros carnés internacionais como o European Youth Card, emitido nos países asociados á EYCA (European Youth Card Association), o carné internacional de estudante ISIC (International Student Identity Card) e o Carné Xove internacional IYTC (International Youth Global Card), así como o carné internacional de viaxes para xente nova GO 25 (IYTC).

Os billetes adquiridos co teu Carné Xove admiten cambios e anulacións, sempre que o teu billete o permita e suxeito a gastos.

 

Consulta todas as condicións

 

LEMBRA QUE… os menores de 18 anos que vaian viaxar ao estranxeiro deberán dispoñer da documentación requirida consonte o disposto polo Ministerio do Interior.

Tamén podes obter o teu Carné Xove asociado a unha tarxeta de crédito ou débito de entidades bancarias colaboradoras.