Xa podes renovar en liña a túa Tarjeta Dorada

 

Agora, ofrecémosche novas funcionalidades en liña para que poidas xestionar a túa Tarjeta Dorada directamente na nosa web. Poderás:

  • Renovar a tarxeta: por 1 ano (6 €), por 2 anos (12 €) ou por 3 anos (15 €, aforro dun 16 %)
  • Consultar/reimprimir-descargar PDF/reenviar passbook
  • Anular a tarxeta (dentro dos 15 días seguintes á data de renovación, exclusivo para renovación en liña).

Pódese renovar calquera Tarjeta Dorada, agás as emitidas por entidades bancarias, desde 90 días antes da súa data de caducidade. Por seguridade, terás que indicar o documento e n.º de tarxeta e, posteriormente, o correo electrónico e móbil asociados a ela.

Podes pagar a renovación web con tarxeta de crédito ou débito e Bizum. Unha vez completado o proceso, recibirás a Tarjeta Dorada para a súa descarga en soporte PDF ou en Passbook, así como a confirmación da devandita renovación por correo electrónico.

Máis fácil e cómodo, sen desprazamentos, colas ou esperas, todo a un só clic. Así de sinxelo!
 

En Renfe estamos comprometidos firmemente coa mobilidade de todas as persoas. Por iso, se tes unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou se es pensionista maior de 18 anos en situación de incapacidade permanente, podes acollerte ao desconto que ofrece a Tarjeta Dorada.

Tarxeta Dorada

Esta tarxeta, nominativa e intransferible, darache acceso a descontos nas túas viaxes e ten un prezo de 6 €. Pode comprarse nos despachos de billetes das estacións ou en axencias de viaxe, presentando o certificado, a tarxeta de discapacidade ou documentación acreditativa. Ten unha validez de un, dous ou tres anos.

Descontos

En trens AVE, AVE Internacional entre España e Francia e Larga Distancia 

  • Desconto do 25 % sobre calquera prezo dispoñible

En trens Avant

  • De luns a venres: 25 % de desconto
  • Sábados e domingos: 40 % de desconto

En trens de Media Distancia 

  • Desde o 40 % de desconto
     

Coa Tarjeta Dorada tamén terás acceso aos servizos de Cercanías e Cercanías AM con desconto.

Se tes unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, podes viaxar cun acompañante que o fará nas mesmas condicións económicas ca ti.

Os billetes adquiridos coa túa Tarjeta Dorada admiten cambios e anulacións, sempre que a opción de viaxe elixida o permita. Pode estar suxeito a gastos.
 

Comproba todas as condicións