Que che ofrece a Tarxeta 10 Libre?
 

  • Ata 10 viaxes de ida ou volta indistintamente
  • Sempre no mesmo traxecto, entre dúas estacións que debes escoller no momento da compra do abono
  • Descontos sobre la tarifa xeral e en función do traxecto
  • É unipersoal
  • Validez: 45 días, desde a data da compra (incluída). A data de validez está impresa no abono
  • Pódelo mercar nos despachos de billetes das estacións e máquinas autovenda
  • Non dispoñible nos servizos operados por Renfe, competencia da Generalitat de Catalunya

Lembra: consulta nos despachos de billetes das estacións se este abono é válido para o traxecto que che interesa.
 

Consulta todas as condicións

 

Unha vez adquirido o teu abono e antes de viaxar, cómpre que reserves e obteñas o teu billete para o día e o tren que che interesa, o que se coñece na xerga ferroviaria como "formalizar". Pódelo facer nos despachos de billetes e máquinas das estacións.