Por cuestións de seguridade no transporte, non se permite o acceso aos trens con patinetes e monociclos eléctricos ou vehículos similares. Quedan excluídos desta normativa os vehículos para persoas con mobilidade reducida, así como as bicicletas eléctricas.

Condicións para o transporte de bicicletas e patinetes (patinetes non eléctricos)

  • As bicicletas encartadas poden viaxar como equipaxe de man ou equipaxe especial, segundo as medidas (consulta toda a información). Se levas a túa bicicleta encartada ou embalada, non necesitas adquirir o extra Bicicleta.
  • Se a bicicleta vai sen encartar, si debes adquirir o extra Bicicleta. A única limitación é que podes levar unha bicicleta ou patinete por persoa. Non é necesario que viaxen desmontados nin dentro dunha funda.
  • A túa bicicleta sen encartar viaxa na área específica que existe a bordo dos trens de Media Distancia para o seu transporte. Ten en conta que o número de bicicletas que poden viaxar en tren é limitado (ata un máximo de 3). No proceso de compra do teu billete, unha vez seleccionado o teu tren, ofrecerémosche a opción de incluír extras, aí poderás seleccionar o billete para a túa bici. En todas as rutas este billete é de balde, aínda que terás que reservar teu espazo no mesmo proceso de compra. 
  • Se tes un abonamento non poderás adquirir o extra de bicicleta cando formalices a viaxe, polo que deberás pasar polo despacho de billetes da túa estación.

 

Condicións para viaxar coa túa mascota de ata 10 quilos.

  • Sempre que se trate de pequenos animais de compañía: can, gatos, furóns, hámsteres, cobaias, coellos e aves non de curral.
  • Sempre que non pesen máis de 10 kg
  • Sempre que viaxen sempre dentro da súa xaula ou transportín, de medidas máximas 60x35x35
  • Máximo 1 mascota por persoa

A túa mascota non ocupa praza. O custo do billete é dun 25 % do prezo da Tarifa Xeral.