Tradición e innovación
A cidade do sol e a capital do Turia é tan costumista coma innovadora, náutica coma rural e diversa posibles formas hai de coñecela.
Descúbrea a través de prácticas que sobreviviron ao tempo, como o Tribunal de las Augas que se celebra todos os xoves ao pé da Catedral despois das badaladas de El Miguelete e o estoupido de cores e lume das Fallas. Tradicións recoñecidas internacionalmente pola Unesco como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
Percorre os seus barrios históricos e contemporáneos. Na Plaza de la Virgen, o corazón da «Ciutat Vella», comezarás a ver algúns dos tesouros do característico gótico valenciano, como a Catedral, o Palacio de la Generalitat, o salón interior de columnas enroladas interminables coroado por fermosas bóvedas da Lonja de la Seda e os frescos da igrexa de San Nicolás de Bari.
Onde ademais de alegrarche a vista pola súa beleza arquitectónica, ulirás e saborearás a cidade, é o modernista Mercado Central. Ateigado de produtos frescos e típicos valencianos, aínda que para ser un valenciano máis, fai o «esmorzaret» entre o almorzo e o xantar, onde quedas con todo menos con fame.
Se segues a antiga canle do río polo xardín do Turia, atoparaste cos monumentos ideais para divisar a cidade, as Torres de Serranos e de Quart, portas da antiga muralla medieval. Nos seus arredores, paseando polo barrio do Carmen, a rúa Moret sorprenderate cos seus graffiti e, para un bo selfie, párate debaixo do arco do Portal de Valldigna antes de cruzar da valencia cristiá á musulmá ou viceversa.
A pegada do Turia tamén te guiará cara á Cidade das Artes e das Ciencias, onde a fantasía se fai realidade. Este conxunto arquitectónico futurista reflectido en grandes láminas de auga e deseñado por Calatrava, ofrecerache opcións artísticas, como o Paseo das Esculturas ou o Palacio das Artes Reina Sofía e outras científicas, como o Hemisférico ou o Oceanográfico.
Se necesitas natureza, A Albufera é un espazo único como os seus campos de arroz e que mellor plan para degustar o ingrediente estrela da paella que nas beiras do Mediterráneo.
Se aínda non probaches todas as delicias valencianas, o outono é unha boa época para facelo, con motivo do día da Comunidade Valenciana, os primeiros días de outubro non só poderás entrar no Palacio de la Generalitat, senón tamén aprender os bailes populares, tomar unha boa orchata e adoza o gusto cos mazapáns «Mocadorà».