Entre baño e baño nas insólitas calas das Calanques ou ben para calmar o apetito despois dunha mañá de turismo polo centro da cidade, non hai nada máis reconfortante ca degustar as marabillas da gastronomía local que ofrece a sorprendente vila de Marsella. Agora cos nosos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia de Renfe, podes chegar á estación de tren en pleno centro da cidade, en menos de cinco horas, e saborear os seus pratos e viños ao máis puro estilo marsellés.
A arte de vivir de Marsella é coñecida pola súa simplicidade, así como a súa gastronomía. Sacando o máximo proveito do seu magnífico clima, a proximidade ao mar e a vasta riqueza de recursos ao seu alcance, fan da gastronomía toda unha arte. Entre tantas outras peculiaridades, a base culinaria de Marsella componse principalmente pola combinación de produtos frescos cunha ampla variedade de peixes, herbas aromáticas e o ingrediente estrela: aceite de oliva.
A continuación, detallámosche algúns que non podes perder.
Non hai mellor forma de empezar o día que co típico café ou té acompañado dun croissant con manteiga e marmelada de froitos do bosque. Para os máis atrevidos, está o «Croque-monsieur» ou «Croque-madame», un apetitoso sándwich de pan de molde, xamón e queixo emmental ou gruyère, quentado na prancha ou gratinado ao forno, e culminado por un ovo estrelado.
O mellor lugar para facelo? Calquera café ou terraza con vistas ao marabilloso porto do Vieux Port, un dos máis lendarios de Europa e o mellor lugar para entender o pasado mariñeiro de Marsella
.
Croque-monsieur
Os produtos de mar e a cociña campesiña uníronse para formar esta saborosa sopa elaborada con peixe, ameixas, lagostino, rape, pirixel, tomate, aceite de oliva e viño branco. O guiso cócese nun cazo e sérvese con pan torrado untado con rouille, salsa feita a base de aceite de oliva, miolo de pan, pataca, allo, pementa e azafrán.
Hai quen confunde a «bourride» coa «bouillabais» a pesar de seren dous pratos bastante diferentes. A «bourride marsellesa» ten orixes históricas moi anteriores á «bouillabaisse»: trátase dun prato moi sinxelo que se prepara con peixe branco e un mollo alioli que axuda a ligar o caldo
.
Este é un prato a base de bocartes en sal, allo, vinagre e aceite de oliva. Adoita comerse acompañado de pan torrado como entrante ou como aperitivo, especialmente en primavera-verán.
Como alternativa a requentar as sobras de «boullabais» ou «bourride», os gourmets marselleses idearon esta receita feita a base destes retallos. Trátase dun soufflé de peixes mesturado con miolo de pan mollado en leite, ovos e queixo, todo vertido nun molde e cociñado ao forno.
«Oursin» significa ourizo de mar en francés e á raíz desta denominación xurdiron dous pratos co nome de «oursinade»:
Por unha banda, pódense considerar sardiñadas, momento no que os amigos se reúnen diante dun abundante prato de ourizos de mar frescos. Por outra, baixo o mesmo termo, xorde un clásico un pouco esquecido, unha elaborada crema de ourizos de mar que se prepara a partir de caldo de peixe branco ao que se lle engade un puré de ourizos.
Prato de ourizos de mar
Este prato tipicamente marsellés recorda en gran medida aos callos españois, composto por estómago recheo e pata de cordeiro mesturados con viño branco e tomate, a miúdo acompañados por unha vinagreta.
Se hai algo que non podes perder antes de deixar Marsella é visitar unha das súas famosas «pastisseries», como o Four des Navettes, coñecida por ser a máis antiga de Marsella e polos seus «navettes» (galleta en forma de barco cuxa fórmula é indescifrable).
Se ademais de saciar o apetito es dos que goza dun bo viño, debes probar o pastís, bebida moi popular entre os habitantes do porto de Marsella. Trátase dunha bebida alcohólica típica de Francia a base de anís que se serve diluída en auga con xeo. Esta mestura de textura espesa e cor amarelada é un excelente aperitivo para os días máis calorosos.
Na zona do porto de Marsella, atoparás fantásticos restaurantes, onde poderás degustar unha rica «boullabaisse» coa tradicional receita local de máis de 50 anos mentres admiras unhas espectaculares vistas ao mar.
Na Maison du Pastis poderás degustar máis de 75 sabores distintos da famosa bebida, como tamén as súas inesquecibles absentas.
Se queres seguir rodeándote do máis puro estilo francés, ademais de Marsella, podes visitar moitas outras cidades conectadas polos trens AVE a Francia de Renfe, que te levan de centro a centro da cidade: Perpiñán, Narbona, Béziers, Montpellier, Nîmes, Aviñón, Aix-en-Provence, Valence ou Lión.
Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte. Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.