Montpellier, sorprenderate
 

Montpellier, pertencente á rexión de Occitanie, é unha cidade xove e dinámica. Propoñémosche 3 visitas ineludibles segundo o New York Times. A só poucas horas de España nos nosos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia de Renfe, poderás gozar dunha das cidades máis bonitas do país veciño. Imos aló!

O novo Concello

Na intersección entre a zona vella e os novos barrios da cidade, naceu o novo Concello, primeiro proxecto urbano do século XXI en Montpellier, concibido como edificio emblemático. Diante do Concello, atopamos unha gran praza pública de 6.000 m², que alberga os mercados máis representativos da cidade. Ademais, está chea de terrazas que converten esta zona nunha das máis atractivas. Arredor do novo concello atopamos unha gran zona verde, unha nova área totalmente equipada cunha superficie de cerca de 9 hectáreas que se converteu nunha zona para a diversión, a relaxación e o descubrimento. Visita obrigada para os amantes da arquitectura!  

Pierresvives

A Cidade do Saber e do Deporte para Todos, de François Rabelais e Zaha Hadid, unha das catro meritorias do Pritzker, é un proxecto da rexión de Herault. Trátase dun edificio de servizos públicos albergado nun novo barrio que aglutina vivendas, comercios, oficinas e entretemento. ​É tamén a sede dos Arquivos Municipais, da Mediateca e do Deporte de Hérault: 60 km de arquivos para manter (algúns deles datan do século XI), preto de 300.000 obras (libros, CD, DVD), un anfiteatro, salas de exposicións e unha proposta cultural que se ofrece durante todo o ano.           

Tranvías de «alta costura»   

En Montpellier, é habitual moverse a pé, en bicicleta e en tranvía. As dúas primeiras liñas de tranvías foron deseñadas por Garouste e Bonetti. Na liña 1, as andoriñas anuncian a primavera, símbolo da renovación do transporte e, na liña 2, flores coloridas reflicten a beleza do verán na paisaxe mediterránea.

Nas dúas liñas seguintes, os coches foron deseñados por Christian Lacroix, símbolo do mundo da moda e un habitante do sur, natural da Camarga, que ama o Mediterráneo. Polbos, peixes, estrelas de mar e monstros mariños son os elementos seleccionados polo famoso deseñador para vestir a liña 3. Na liña 4, un tranvía envolto en ouro circula no Grand Coeur de Montpellier, adobiado con antigos debuxos arquitectónicos sobre un fondo bordado, que reflicte o sol de Languedoc. As súas creacións son unha invitación á viaxe. 
 

Viaxa a Montpellier en tren

Déixate levar nos nosos trens Alta Velocidad Internacional, o AVE Internacional a Francia, e descubre unha das mellores cidades segundo a prestixiosa publicación The New York Times.

Os nosos trens AVE Francia facilítanche a viaxe a Montpellier. Poderás facelo desde Madrid, Zaragoza, Tarragona, Barcelona, Girona ou Figueres. Tamén a outras cidades do sur francés, conectadas entre si de forma rápida, cómoda e sostible polos nosos trens AVE.​

Cal será a túa próxima visita cultural? Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte.  Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.