A música en Montpellier
 

​​A capital do Languedoc-Rosellón é unha das cidades máis importantes do sur de Francia e Renfe, cos trens AVE a Francia, a nosa Alta Velocidad Internacional, lévate a ela no que dura un concerto. Goza das súas rúas e da súa música. ​​​​​Montpellier, como moitas cidades de Francia, ten unha estreita relación de amor pola música. 

A súa excelente situación xeográfica converteu a cidade nunha das máis prósperas de Europa durante os séculos XIV-XV, o que propinou a aparición das primeiras bandas de música municipais e un gran número de mestres artesáns, os luthiers. A día de hoxe, Montpellier continúa sendo unha das cidades francesas con maior número de luthiers, que elaboran artesanalmente todo tipo de instrumentos de corda, tales como violíns, violas, violonchelos ou guitarras, por citar algúns. 

A Ópera da Comedia

O corazón da música clásica en Montpellier é, sen lugar a dúbidas, a Ópera de la Comédie. Situada na praza que leva o mesmo nome e centro neurálxico da cidade, é a sede da Ópera Nacional de Montpellier, unha das máis prestixiosas de Francia. 

Inaugurado en 1755, este teatro de ópera de estilo italiano conserva coas súas butacas de veludo e as súas grandes arañas o esplendor de antano. Nel realízanse representacións operísticas e concertos de música clásica realizados pola Orquestra Nacional de Montpellier ao longo de todo o ano.  

Outro dos teatros da cidade onde actualmente se realizan gran número de concertos de música clásica é a Ópera Berlioz, situado no Corum, un céntrico edificio multidisciplinar que alberga tamén o Palacio de Congresos da cidade.
 

A Ópera de la Comédie, situada na praza que leva o mesmo nome


Festivais musicais

Porén, non todo é música clásica en Montpellier. Ao longo do ano realízanse diferentes festivais internacionais de música para os amantes de todos os estilos. Durante o mes de xullo, a cidade acolle o Festival Radio France Montpellier, posiblemente o máis importante do ano. 

Con diferentes escenarios repartidos ao longo de toda a cidade, os melómanos poden gozar de representacións de óperas, concertos sinfónicos, música de cámara, música barroca, grupos de jazz e ata grandes espectáculos de música electrónica. Tal é a súa envergadura que, nos últimos anos, asistiron máis de 120.000 persoas aos seus concertos.

Outro dos festivais importantes de Montpellier é o Internacional de Guitarra, que se realiza durante os meses de setembro e outubro. Máis de 150 concertos, a maioría destes gratuítos, fan que os apaixonados da guitarra poidan gozar de Montpellier e os seus arredores. Cunha programación ecléctica, está aberto a todos os estilos como o jazz, swing, rock, música clásica, flamenco ou música electrónica. Durante o festival, a cidade acolle o Salón Internacional de Luthiers, con máis de 60 mestres chegados de todo o mundo. 

Viaxa a Montpellier en tren

Así como a música hai que gozala lentamente, o noso obxectivo é levarte ao teu destino á máxima velocidade, mentres gozas da túa música preferida e da paisaxe en tren a 300 km por hora. 

Os nosos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia de Renfe, facilítanche a viaxe a Montpellier. Poderás viaxar desde Madrid, Zaragoza, Tarragona, Barcelona, Girona ou Figueres. Tamén a outras cidades do sur de Francia conectadas entre si de forma rápida e cómoda pola nosa Alta Velocidad Internacional.

Cal será a túa próxima visita cultural? Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte.  Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.