Narbona, a cidade inexplorada
 

​​Paisaxes abraiantes, praias que se estenden ao horizonte, unha gastronomía exquisita, propoñémosche que coñezas a esencia desta cidade a través das súas características máis distintivas. Os trens AVE a Francia, o AVE Internacional entre España e Francia de Renfe, conectan Narbona con distintas cidades españolas e francesas en só unhas horas e co máximo confort, tanto que… ata se che fará curta a viaxe! ​ ​

Goza da natureza como nunca o fixeches 

O Parque Natural Rexional da Narbonnaise ocupa 80.000 hectáreas ao longo do litoral. Trátase dun territorio singular, con 2.000 especies vexetais e 300 especies de aves. A nosa proposta: percorrelo en bicicleta ou a cabalo para gozalo ao máximo. A chegar ao estanque de Bages-Sigean, sube a unha das barcas para navegar mentres gozas da tranquilidade do contorno. ​Ao caer a tarde, podes visitar a antiga vila de pescadores de Gruissan, exemplo da arquitectura tradicional da rexión do Languedoc.   

Moito máis ca sol e praia 

​​​​Se o teu son os deportes náuticos, Narbona aínda máis será o teu destino. Na praia de Leucate podes realizar todos os que poidas imaxinar: kitesurf, windsurf, kaiak, vela, funboard, jet ski, mergullo… 

Proba a gastronomía máis exquisita 

Algúns dos produtos típicos que podemos obter sen saír do centro da cidade, no mercado de abastos (Les Halles), son o mel, as olivas Lucques só cultivadas en terras languedocianas e o viño da rexión. 

En canto a restauración, Narbona ten opcións para todos os gustos, desde cociña tradicional francesa a mariscos ou cociña innovadora. Ningunha das propostas te decepcionará.   

Non marches sen coñecer a historia da cidade  

Os 2.500 anos de historia non pasan desapercibidos mentres paseas por Narbona. A Oficina de Turismo organiza visitas guiadas temáticas que che permiten descubrir as diferentes facetas da cidade: prehistórica, romana, medieval, moderna e contemporánea, entre outras. Todas as visitas empezan na mesma oficina. 

Viaxa a Narbona en tren

Despois de gozar de Narbona, pensaches xa en cal será o teu próximo destino? Cos nosos trens AVE Francia, tes a forma máis cómoda, rápida, segura e limpa de viaxar a el. Non perdas as outras cidades francesas conectadas entre si pola nosa Alta Velocidad Internacional, como PerpiñánBéziers, Montpellier, Lión, Marsella ou Aix-en-Provence, sempre de centro a centro da cidade. 

Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte.  Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.