Gústache o deporte en bicicleta? Desexas coñecer novas rutas en bicicleta de montaña? Parabéns! Propoñémosche coñecer a fermosa cidade de Perpiñán, situada ao sur de Francia. Esta é unha opción perfecta para coller a túa bicicleta e coñecer este fermoso lugar en tan só 24 horas.
Súbete aos nosos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia de Renfe, e déixate levar de forma cómoda, rápida e limpa ata Perpiñán. E sen problemas de equipaxe nin atascos! Imos?
Vista panorámica de Perpiñán
Ruta en bicicleta de montaña
A comodidade é unha das principais premisas que temos en todos os trens de Renfe. A túa viaxe en tren a Francia, cos nosos trens AVE Internacional, será rápida, segura e moi sostible. Poderás viaxar gratuitamente en compañía da túa bicicleta sen ter que pagar ningún tipo de recarga. Esquécete de atascos, longas horas no coche e problemas de equipaxe!
Aquí tes algúns consellos útiles para a túa viaxe:
Todo listo para gozar do sur de Francia coa túa bicicleta? Perpiñán e toda a súa beleza están a esperar por ti a tan só unha hora e vinte minutos de Barcelona. Anímaste a percorrer algunhas destas rutas?
E se che interesa coñecer mellor Francia, non podes perder as outras cidades conectadas entre si e con España polos nosos trens de Alta Velocidade Internacional, como Montpellier, Lyon, Marsella ou Aix-en-Provence, sempre de centro a centro da cidade.
Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte. Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.