Se estás pensando en gozar dunhas merecidas vacacións en España, o abono Renfe Spain Pass pódeche interesar.
Permíteche escoller o número de viaxes en tren que queres facer, o tipo de asento no que desexas viaxar e os lugares que che apetece visitar, porque non ten orixe nin destino predeterminados.
Descubre cidades do Patrimonio da Humanidade, como Toledo, Cuenca, Segovia ou Ávila. O legado árabe de Granada e Córdoba deixarate pampo. Madrid e os seus innumerables museos ou Málaga, a capital da Costa do Sol, tamén son visitas imprescindibles.
Para poder viaxar debes formalizar previamente a túa viaxe, é dicir, mercar o billete para o traxecto correspondente. Pódelo facer na web accedendo a Os meus abonos, na túa área persoal, e indicar que día e en que tren queres viaxar. Tamén o podes adquirir nos despachos de billetes ou por teléfono, facilitando o Renfe Spain Pass.
Viaxa sempre co teu pasaporte ou tarxeta de residencia, que te acredita como residente fóra de España. Terás que presentalo xunto co Renfe Spain Pass e o teu billete nos controis de acceso.