Os menores de 14 anos viaxan sempre cun 40 % de desconto; non o penses máis e viaxa en tren en familia.

Lembra que en trens AVE, AVE Internacional entre España e Francia, Larga Distancia e Avant, os menores de 14 anos deben viaxar acompañados dun adulto ou utilizando o Servizo de menores que viaxan sós nos trens que dispoñan desta opción. 



Encántanos que te movas en familia! Por iso che ofrecemos descontos especiais para os máis pequenos da casa.

Se viaxas en trens AVE, AVE Internacional entre España e Francia, e Larga Distancia:

  • Menores de 14 anos: viaxan cun 40 % de desconto sobre calquera prezo dispoñible, co seu propio billete de neno e ocupando unha praza.
  • Nenos de 0 a 3 anos: se non ocupan praza, viaxan de balde, cun billete gratuíto de neno.

Os billetes de neno admiten cambios e anulacións, sempre que a opción de viaxe elixida (Básica, Elige ou Prémium) o permita. Pode estar suxeito a gastos.

LEMBRA QUE… os menores de 18 anos que vaian viaxar ao estranxeiro deberán dispoñer da documentación requirida consonte o disposto polo Ministerio do Interior.


Se viaxas en trens Avant e Media Distancia:

  • Menores de 14 anos: viaxan cun desconto do 40 %, co seu propio billete de neno e ocupando unha praza.
  • Nenos de 0 a 3 anos: se non ocupan praza, viaxan de balde. Se a viaxe é nun tren Avant, necesitará o seu propio billete gratuíto de neno.

Os billetes coa tarifa Neno admiten cambios. En caso de querer anular o teu billete, poderás facelo cunha dedución do 15 % sobre o seu prezo. Ademais, permiten a selección de asentos.

Consulta todas as condicións 


Nos trens de Cercanías e Rodalies as condicións de viaxe dos menores son diferentes. En Cercanías, viaxan gratis os menores de 6 anos (ata un máximo de dous nenos por billete de adulto). En Rodalies, viaxan gratis os menores de 4 anos.