Ideas para unha escapada romántica a Aviñón
 

Na rexión da Provenza respírase romanticismo. Non sabemos se é por ese aire mediterráneo que se mete ata no último recuncho, polo seu sosegado estilo de vida ou polo colorido dos seus campos, especialmente en primavera, cando a lavanda tinxe a paisaxe de violeta. E entre todas estas marabillas,​​​​​ Aviñón, unha cidade ideal para visitar en parella, de rúas empedradas, monumentos cheos de historia e restaurantes con encanto para saborear o mellor da gastronomía provenzal.

Os nosos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia, conectan Aviñón con Madrid, Barcelona, Zaragoza e outras cidades españolas. Descubre por que este destino é perfecto para unha escapada romántica!  

A medio camiño entre Montpellier e Marsella enclávase esta urbe de arredor de 90.000 habitantes. Aviñón é, con toda seguridade, unha das cidades con máis historia de Francia. Non en van, xa no século XV era considerada como a segunda Roma. 

Sitios que ver en parella 

Unha escapada romántica é para tomala sen apuro, gozando a cada paso do destino escollido. En Aviñón sentirédesvos coma dous príncipes no Palacio dos Papas, considerado o palacio fortaleza de estilo gótico máis grande do mundo. Residencia dos Papas durante o século XV, está inscrito na listaxe do Patrimonio da Humanidade da Unesco. Non podedes perder os innumerables salóns, os cuartos privados, as capelas, etc. deste grandioso lugar.  

Se queredes pasear o voso amor, nada mellor que facelo sobre a Ponte Saint Bénezet, o símbolo indiscutible de Aviñón. Construído no século XII, sufriu en innumerables ocasións a crecida do río Ródano, pero aí continúa, indestrutible. Montar nunha barcaza ata a illa de Barthelasse é un dos plans máis románticos que se poden facer en Aviñón. Desde aquí as vistas das murallas e da ponte son formidables. Nesta illa podedes aproveitar para facer un alto no camiño e tomar un cremoso café. 
 

Vistas da Ponte de Saint Bénezet, o monumento máis coñecido de Aviñón 
 

Menú para dous 

Aviñón é o destino perfecto para descubrir os segredos da gastronomía provenzal. Con tanta oferta de restaurantes, ás veces resulta complicado decidirse. Unha boa idea é acudir a un mercado provenzal como Les Halles, que recoñeceredes polo seu enorme xardín vertical. No seu interior hai reunido medio cento de postos de verduras, queixos, froitas e, en definitiva, produtos locais, pero tamén hai posibilidade de facer degustacións.  

As proximidades da Place de l'Horloge tamén están cheas de restaurantes e bares para probar as especialidades da terra. Iso si, asegurádevos de acompañalas sempre cun bo viño Côtes du Rhône. 

Viaxa a Aviñón en tren

Aviñón espéravos cos brazos abertos. Todo o que tendes que facer é subir nun dos nosos trens AVE Internacional entre España e Francia e deixarvos levar en alta velocidade ata o destino. Rápido, cómodo e sostible. As frecuencias diarias póñenolo ben fácil con saídas desde Madrid. Zaragoza, Tarragona, Barcelona, Girona e Figueres

Ademais, podes seguir a gozar doutras cidades conectadas polos nosos trens AVE a Francia como Marsella, Nîmes, ​Béziers ou Lión, sempre de centro a centro da cidade.​​ 

Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte.  Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.