Sur le pont d'Avignon
 

​​​​​​Quen de nós non entoou algunha vez a melodía «Sur le pont d'Avignon, on y danse, on y danse…»? Aviñón vainos sorprender coa visión da súa ponte e pola que foi a residencia dos Papas. 

Xa estamos listos para a aventura. As calellas que saen da praza resultan un pequeno labirinto de aromáticas tendas por conter xabóns, plantas, perfumes. Ademais de apetitosos produtos da terra, como as olivas e os seus derivados. Sen esquecernos dos especiais estampados en manteis, panos, mandís, bolsas… Todo resulta un capricho para a mirada e o resto de sentidos. E máis aínda se acudimos ao mercado cuberto de Les Halles, auténtica embaixada culinaria de froitas, verduras, condimentos e especialidades da Provenza.

Palacio Papal de Aviñón

Aviñón paséase facilmente a pé. Ineludible visita da cidade é o Palacio Papal. Os guías explícannos detalladamente como se foi ampliando o palacio polos sucesivos Papas e os seus requirimentos. Agora mesmo é posible visitar unha terceira parte do complexo. Realízanse traballos de restauración para que a zona de visita se vaia ampliando. A pesar diso, dá a impresión de que os que foron os seus moradores van atravesar algunha das súas portas en calquera momento. No verán, cando se celebra o famoso Festival de Teatro de Aviñón, algúns dos espectáculos preséntanse no Patio de Honra do Palacio. Que mellor marco para unha representación!
 

O Palacio dos Papas é un dos edificios históricos máis importantes de Francia e de gran beleza cultural 
 

Murallas e Ponte de Aviñón 

Na praza, podemos descansar e gozar dalgunha delicatessen da rexión. Xa non podemos máis e queremos ver por fin a Ponte de Saint Bénez. A sorpresa para moitos de nós é comprobar que non cruza o río, só ten catro arcos. Pero aínda así, é posible camiñar por enriba do tramo que queda e facernos unha fotografía como bos turistas que somos.   

Chegamos á esperada hora da cea. Intercambiaremos anécdotas e reflexións sobre a cidade visitada mentres degustamos as exquisiteces da rexión bañadas cos seus viños. E a culminación cunhas excelentes sobremesas. Que máis podemos pedir? Estaremos servidos a corpo de Papas.  

Viaxa a Aviñón en tren

Ata pronto, Aviñón! Volveremos e farémolo nos trens AVE Internacional de Renfe. As frecuencias diarias póñenolo ben fácil con saídas desde Madrid, Zaragoza, Tarragona, Barcelona, Girona e Figueres

Ademais, podes seguir gozando de Francia a través doutras cidades conectadas polos nosos trens AVE a Francia, a Alta Velocidad Internacional de Renfe, como Marsella, Nîmes, ​Béziers ou Lión, sempre de centro a centro da cidade.​​ 

Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte.  Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.