As sete paradas imprescindibles en Narbona
 

Se es dos que lles custa decidir entre mar e montaña, Narbona é a túa cidade. A tan só 2 horas en tren saíndo de Barcelona, podes aparecer no centro da coñecida como «Cidade da arte e da historia». Sube aos nosos AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia de Renfe, e prepárate para unha visita ao mellor de Narbona. Rápido, cómodo, seguro e limpo.

Descubre a forte identidade romana que caracteriza esta cidade e os tesouros que aínda agacha a que foi no seu día a primeira cidade romana da Galia e capital desta.   

Antiga cidade arcebispal e residencia dos reis visigodos da Septimania, Narbona é coñecida por ser unha poboación repleta de vida, cunha riqueza cultural formidable. Aquí che presentamos 7 paradas que non podes deixar de ver na túa visita á cidade: 


Palais des Archevêques

O Palacio dos Arcebispos destaca por varias razóns. As torres que o coroan son a súa característica principal: o Torreón Gilles Aycelin (de finais do s. XIII e principios do s. XIV), a Torre San Marcial (cuxa entrada ten unha áncora que simboliza os dereitos feudais do arcebispo sobre a navegación polo litoral) e a Torre Madeleine do s. XIII (que inclúe un antigo palacio de orixe románica e un novo de estilo gótico, construído entre os s. XII e XIII). Desde o s. XIX o palacio acolle o Concello, o Museo de Arte e o Museo Arqueolóxico, ademais da Catedral de San Xusto e San Pastor.

 

Palacio dos Arcebispos
 

Abbaye de Fontfroide

Agochada nun val do Massif de les Corbières atópase esta antiga abadía dos séculos XII-XIII, cunha arquitectura dirixida á oración monástica e ao traballo, herdanza da que un día foi unha das maiores abadías cistercienses en Francia

No seu estilo arquitectónico mestúranse a austeridade dos muros coa beleza das vidreiras do século XX e a elegancia do claustro. O verde dos seus patios, as roseiras e os xardíns fan dela unha obra de arte. As dependencias monásticas restauráronse e adaptáronse nos s. XVII e XVIII.    

Praza do Concello

Situada a continuación da Ponte des Merchantes, no centro desta praza chea de vida, pódense observar os restos da antiga Vía Domitia no mesmo estado que quedou a finais do s. IV. Culminada por unha fonte no seu centro, esta conforma un vestixio da primeira ruta romana entre Italia e España. A Via Domitia atravesa Narbo Martius, a primeira colonia romana fóra de Italia, e o fórum, que na actualidade conforma unha pequena praza onde se conservan os restos dalgunhas columnas romanas e onde se establece un mercado de produtos ecolóxicos cada sábado pola mañá. 

Catedral de Saint Just et Pasteur

Reemprazando unha igrexa do século IV e dun estilo gótico radiante, a construción da Catedral de San Xusto e San Pastor foi iniciada en 1272 e rematada en 1355 coa invasión do príncipe Negro, pero nunca chegou a ser terminada. Isto convértea nun presbiterio dotado dun claustro con altas bóvedas góticas. 

Visible desde as vilas de arredor de Aude, os seus 41 metros convértena na terceira catedral máis alta de Francia seguindo a Amiens e Bourges. Unhas pequenas escaleiras a carón da sacristía conducen á Sala do Tesouro, con tapices e diversas reliquias. A peza máis destacada é «A Creación», un tapiz flamenco de finais do s. XV tecido en seda e ouro. O claustro comunica cos Xardíns dos Arcebispos, desde onde se pode acceder a unha terraza; aquí expóñense obras de arte contemporánea.   

Canal de Robine

Patrimonio da Humanidade da Unesco, atravesa a cidade e conecta co Canal du Midi, enchendo de vida Narbona. Das varias pontes que conectan ambas as dúas ribeiras, a Pont des Marchands é a máis pintoresca. Este arco de pedra, enriba da cal se edificou, é o último supervivente dos sete que formaban parte da ponte orixinal sobre o río Aude, antigo núcleo entre a cidade romana e a cidade medieval. Hoxe en día é a única ponte aínda habitada en Francia
 

Basílica de St. Paul Serge

Construída sobre a tumba de San Paulo en 1180, primeiro bispo de Narbona, esta é a primeira igrexa gótica de Narbona e das máis antigas do sur de Francia, que á súa vez mestura gótico e románico na súa arquitectura. Destacan da Basílica: a súa cripta correspondente ao antigo cemiterio paleocristián do s. III e IV, o seu coro construído e as súas bóvedas. Imposible esquecer o seu famoso piar cunha ra e o seu capitel do Xuízo Final.   

Horreum Romain

O Horreum romano de Narbona constitúe unha peza única e admirable no mundo romano antigo, ademais de ser o único monumento da época romana que pode verse actualmente na cidade. 

As súas particulares galerías subterráneas foron construídas a finais do s. I a. C. e probablemente se utilizaron como almacén durante moito tempo. Seguindo o percorrido baixo 5 metros pódese chegar a Narbo Martius, capital da provincia Narbonense. ​

Se es dos adictos á historia romana, non esquezas unha visita ao Museo Arqueolóxico ou ao Museo Lapidario

Ademais das impresionantes vistas que ofrece Narbona, recomendámosche que visites Nîmes, cidade francesa tamén moi popular pola súa influencia romana. Deixámosche un artigo para internarte nela: As arenas de Nîmes

Viaxa a Narbona en tren

Os nosos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia de Renfe, facilítanche a viaxe a Narbona.

Poderás facelo desde MadridZaragozaTarragona, Barcelona, Girona ou Figueres. E se che interesa coñecer mellor o país veciño, non podes perder as outras cidades francesas conectadas polos nosos trens Alta Velocidad Internacional como PerpiñánBéziers, Montpellier, Lión, Marsella ou Aix-en-Provence, sempre de centro a centro da cidade. 

Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte.  Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.