O noso primeiro compromiso é cos nosos clientes, cos máis de 500 millóns de viaxeiros que nos elixen cada ano e aos que lles respondemos cun modelo de mobilidade sustentable, de calidade e inclusivo.

Para garantir que toda a cidadanía poida exercer o seu dereito á mobilidade, creamos Servizo Asistencia, o noso servizo gratuíto de acompañamento e atención a viaxeiros con discapacidade ou mobilidade reducida.

  • Atendo converteuse no noso principal proxecto de responsabilidade social empresarial. Prestamos xa máis de 700 000 asistencias ao ano e asegúralle a accesibilidade ao 90 % dos viaxeiros de Larga Distancia e Media Distancia. Coñece mellor o noso Servizo Asistencia.
  • Traballamos e investimos en paralelo para lograr a accesibilidade universal do tren: xa son accesibles o cen por cento dos trens Ave e Avant, o 68 % dos trens de Larga Distancia e máis da metade dos trens de Cercanías e Media Distancia.

Por suposto, todos os trens que se incorporarán á nosa frota no futuro máis próximo son completamente accesibles para persoas con mobilidade reducida.

Puntualidade

Que aqueles que nos confían as súas viaxes cheguen a tempo é para nós un compromiso fundamental. Xa que logo, conseguimos alcanzar uns niveis de puntualidade que, nalgúns servizos como Ave ou Avant, case alcanzan o cen por cento. Os nosos índices de puntualidade son moi superiores aos do resto de países do noso contorno, somos moito máis puntuais ca os británicos, alemáns, franceses ou suízos.

Iso permitiunos ofrecerlles aos nosos clientes un dos compromisos de puntualidade máis favorable do mundo. Poucas empresas poden compensar os seus viaxeiros por atrasos de só 15 minutos e ningunha ofrece indemnizacións do total do billete.

Podes coñecer mellor o noso compromiso de puntualidade.

 

Conscientes da nosa capacidade de chegar a miles de persoas cada día, poñemos os nosos trens e estacións ao servizo de campañas de sensibilización e concienciación en temas sociais e ambientais para ofrecer o noso gran de area como altofalante de temas tan diversos como a prevención da violencia de xénero, a integración das persoas con discapacidade, os bancos de alimentos, a igualdade ou o coidado do medio.

Clientes solidarios

Ademais, canalizamos a colaboración dos nosos clientes cara ás organizacións Aldeas Infantiles SOS, a Federación Española de Padres de Niños con Cáncer e Nuevo Futuro, mediante a doazón voluntaria dos seus puntos da tarxeta +Renfe.

Comités de clientes

Trátase dun foro de intercambio de opinións e propostas cos nosos clientes. Actualmente existen comités de clientes nos núcleos de Cercanías de Cantabria, Valencia, San Sebastián, Bilbao, Asturias e para os servizos Avant entre Madrid-Segovia-Valladolid.

Os comités de clientes pretenden fomentar o achegamento aos clientes co obxectivo de mellorar de forma continua o servizo que prestamos e coñecer a opinión dos nosos clientes avaliando os compromisos que a compañía adquire de nivel de calidade do produto.