Un día en Perpiñán
 

A cidade de Perpiñán é un destino perfecto para realizar unha excursión dun só día. O centro histórico, o Palacio dos Reis de Mallorca, as calellas cheas de tendas, permítenche gozar dunha fantástica xornada. E en tan só 1 hora e 20 minutos de Barcelona, grazas á velocidade dos nosos trens AVE a Francia, o AVE Internacional entre España e Francia de Renfe. Apúntaste?

A primeira hora da mañá tomamos o AVE dirección Lión e en menos de 90 minutos chegamos puntuais a Perpiñán. Ao saír da estación, tomamos a Avenida do Xeneral de Gaulle e en pouco máis de 10 minutos xa estamos no centro da cidade. Así de fácil!

Le Castellet

Construído no s. XIV, actualmente alberga o Museo Catalán das Artes e tradicións populares, pero no seu momento foi unha das portas principais da muralla e mesmo prisión de estado. A súa silueta é o símbolo do Concello da cidade. 
 

Le Castellet 
 

A poucos pasos atópase a Catedral de Saint Jean-Baptiste, de estilo gótico. O interior da Catedral é unha gran nave central con fermosas vidreiras e un espectacular órgano do s. XV. 

Ao saír da catedral e seguindo a rúa principal, pasamos polo pequeno pero coqueto Concello de Perpiñán que no seu patio alberga unha preciosa escultura de Arístides Maillol. As rúas adxacentes están cheas de pequenos comercios e bares, así que sentamos nun deles a tomar un café antes de achegarnos ao Palacio dos Reis de Mallorca
 

Palacio dos Reis de Mallorca
 

Subindo pola rúa dos Arqueiros, chegamos á entrada do Palacio. Esta fortificación do s. XIII de estilo gótico é impresionante, tanto no exterior cos seus xardíns que dan acceso ao palacio, coma o seu interior. Durante máis de cinco séculos, foi unha sede militar. Ao finalizar a Segunda Guerra Mundial, abríronse as súas portas ao público. Conservouse en moi bo estado e desde o promontorio podemos ver unhas excelentes vistas da cidade.​   

Despois de visitar o Palacio, facemos unha pausa para comer nun dos moitos e bos restaurantes do centro da cidade.  

Antes de tomar o tren de volta a casa, damos un paseo pola zona da canle, cun gran número de comercios para comprar algúns recordos e gozar dun delicioso café nunha das súas terrazas.  

De camiño á estación, pasamos polo espectacular Teatro do Arquipélago, obra de Jean Nouvel e Brigitte Metra na ribeira do río Tet, onde se representan diferentes espectáculos multidisciplinares ao longo da tempada. 
 

Teatro do Arquipélago

Viaxa a Perpiñán en tren

En definitiva, un paseo polas calellas de Perpiñán permite descubrir a incomparable riqueza do seu pasado. Anímate e compra xa o teu billete de tren a Perpiñán nos nosos trens Alta Velocidad Internacional!​ 

E se che interesa coñecer mellor Francia, non podes perder as outras cidades conectadas entre si e con España polos nosos trens AVE Internacional, como Béziers, Montpellier, Lión, Marsella ou Aix-en-Provence, sempre de centro a centro da cidade. 

Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte.  Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.